O PP de Melide chama a atención sobre a perigosidade da pista de acceso a San Salvador, tramo onde discorre o Camiño Primitivo cara Melide

15.01.2025

  • O grupo municipal do PP de Melide vén de chamar a atención sobre a perigosidade que supón un socabón na pista que accede á parroquia de San Salvador nas proximidades do lugar de Compostela, Melide, "un punto quilométrico no que un camión sufriu un accidente o pasado mes de decembro onde non hai puntos de luz e que segue na mesma situación dende hai semanas, coa conseguinte perigosidade tanto para viandantes como para condutores"
  • Os populares sinalan "o desleixo polo mantemento é evidente cada vez que das unha volta pola vila; beirarrúas desconchadas, suciedade, falta de mantemento, rúas sen alumeado público durante días, desleixo que se fai máis evidente nas parroquias do rural como é o caso".

Melide,15 de xaneiro de 2025.- O PP de Melide solicita do tripartito municipal que se poña a traballar na xestión do día e deixe de intercambiar actas de concelleiros e salarios como se o Concello de Melide, o Concello de todos, fóse un taboleiro de monopoli, sinala a portavoz municipal, Dalia García.

García e o seu grupo sinalan que hai semanas que os veciños e veciñas de San Salvador e todos os usuarios desta vía de comunicación sofren un grao máis de inseguridade toda vez que o pasado decembro un camión gandeiro envorcou neste punto provocando un socavón moi perigoso nesta curva de acceso ao lugar de Compostela, lugar de paso para acceder igualmente a parroquia de San Salvador, sen que o Concello actuase inmediatamente, actuación que tardou días e que a pesar da perigosidade, so instalou unhas "simples barras de ferro que non se ven cando cae a noite" sinalan dende o grupo municipal.

"Unha pista rural, onde o trasego de camións do leite, camións de transporte porcino pola proximidade de granxas, pista de acceso ao veciño Concello de Toques ademáis de roteiro do Camiño de Santiago, variante Primitivo, leva semanas deixada sen que ninguén faga nada co conseguinte risco que conleva; isto é unha mostra máis de que a xestión diaria lle queda grande a un goberno máis preocupado por intercambiar soldos e subsistir no cargo que polos intereses de Melide" sinala a portavoz popular, Dalia García.