O Concello de Melide paga 180.759,32 euros en concepto de canón de saneamento debido á nula planificación do tripartito do sistema de depuración municipal

26.10.2023

  • Augas de Galicia vén de xirar 2 liquidacións cuatrimestrais ao Concello de Melide, da que a primeira, de 95.940 euros, xa está sufragada e a segunda, de 84.818 euros se pagará en base ao remanente de tesourería do Concello de Melide, despois do pleno extraordinario celebrado no día de hoxe no consistorio melidense.
  • Dende o Grupo Municipal Popular subliñan que a EDAR municipal de Melide é sufragada integramente por Augas de Galicia e este importe relativo ao canón de saneamento do primeiro cuatrimestre do ano 2023 e último cuatrimestre do ano 2022 corresponde aos sobrantes que a estación de augas depura e que teñen a súa orixe no mal estado da rede de saneamento municipal.
  • Dalia García, voceira do PP de Melide sinala "se os aforros municipais, 4,6 millóns de euros, se destinasen a realizar investimentos que repercutisen realmente nos melidenses, este importe iría diminuíndo anualmente, revertindo en obras ou servizos para os veciños e veciñas de Melide; a nula planificación, os parches continuos, e a pavimentación de rúas sen repoñer a rede separativa traennos a este punto"

Melide, 26 de outubro de 2023.-. O PP de Melide asistiu ao un pleno extraordinario esta mañá no consistorio melidenses onde un dos puntos da orde do día trataba sobre a modificación do presuposto municipal para facer fronte ás liquidacións do canón de depuración da EDAR municipal. 

Dalia García sinala que "Melide é un dos poucos Concellos galegos que ten a sorte de que Augas de Galicia xestione integramente a EDAR, non obstante, iso non impide que cumprindo coa lexislación vixente, se xiren ao Concello ás liquidacións que corresponden por aquela parte das augas que chegan á EDAR municipal que non deberían chegar, isto é, os sobrantes dun sistema de saneamento que non separa pluviais e fecais e provoca asolagamentos como estamos vendo neste comezo de outono".
O Grupo Municipal do PP de Melide despachando antes do pleno extraordinario do día de hoxe

Dende o Grupo Municipal do PP de Melide sinalan que a nula planificación en investimentos en saneamento do goberno encabezado por AM con J.M. Pérez á cabeza trae como consecuencia que os melidenses se vexan privados de outros servizos para facer fronte ás liquidacións pola prestación do servizo de depuración dunhas augas que non chegan á instalación como deberían. 

Hai exemplos de rúas arranxadas no mandato AM-PSdG en pleno casco urbano que son un auténtico escándalo neste sentido: Rúa Uruguay ou por exemplo a mesma Rúa de San Pedro onde puidemos ver in situ como na metade da rúa non se repuxo o sistema de depuración. 

Modificación extraordinaria de créditos por valor de 400.000 euros

Neste pleno tamén se votou a modificación extraordinaria do orzamento por valor de 400.000 euros o que supoñerá que, unha vez máis, o tripartito melidense formado por AM-PSdG-PSOE e BNG decidan derivar o aforro municipal a pagar as facturas das eleccións municipais en vez de proxectar obras e novos servizos para os melidenses.

O PP de Melide pola súa banda defende que os provedores deben cobrar o antes posible e polo tanto a súa postura foi a de abstención non sen antes recordar que isto non pasaría sen unha axeitada programación presupuestaria xa que hai que recordar que este é un orzamento municipal prorrogado, o que pasa por segunda vez no mandato de AM e que é a segunda vez en menos dun mes, que outros 369.000 euros se destinan a gasto corrente. 

Subida dun 13% no servizo de Auga

Os melidenses tamén terán que facer fronte á subida da factura da Auga en canto o tripartito melidense aprobou cos votos a favor da coalición de goberno AM-PsdG-PSOE e BNG a subida de máis dun 13% dos nosos recibos.

O PP de Melide voltou a absterse nesta medida pois está incluída no contrato de suministro prorrogado polo actual goberno de AM máis solicitou aos responsables municipais que estudiasen medias de baixada da presión fiscal para os veciños e veciñas de Melide, medidas das que nos case 5 anos de goberno de AM e os seus socios, non se aprobou ningunha neste sentido, senon todo o contrario: subida do IBI e subida da taxa do velorio municipal.